CADP: Relación provisional de persoal funcionario e interino/substituto obrigado a participar

Publicación das relacións provisionais de persoal docente obrigado a participar e de persoal docente interino e substituto excluído das listas de obrigados na adxudicación de destinos provisionais entre persoal de corpos docentes, curso 2022-23. Prazo para formular reclamacións: do 8 ao 14 de xullo de 2022, ambos incluídos. As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da … Ler máis

Publicadas as datas do CADP

Convocado o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2022/23.  RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2022 O prazo de participación é do 21 de xuño ao 12 de xullo. O listado  do persoal obrigado a participar publicarase o 7 de xullo de 2022 . As persoas obrigadas a participar, non presenten unha solicitude entenderase que se acollen á validez da formulada … Ler máis

Relación de solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2022-2023

Prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra a citada resolución é dun mes. O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). utilizando o código de procedemento ED002B e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Solicitudes … Ler máis

Apertura do prazo para renunciar ao CADP

Todos aqueles soliciten non participar no CADP deberán facer a renuncia no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/substitutos/

O persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)

  • PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2022, ambos incluídos