Aberto o prazo para a inscrición do recoñecemento médico para persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A inscrición ten carácter voluntario.
A inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na ligazón.
A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
O prazo de inscrición será de vinte días naturais (ata o 9 de outubro)