Borrador concurso de traslados PERSOAL LABORAL

A DXFP trasladounos un documento de traballo sobre unha proposta de baremo para persoal funcionario e persoal laboral de concurso de traslados.

Infórmanos  que non hai nada pechado, que é unha proposta aberta e que estudarán todas as alegacións, sempre respectando a legalidade (cumprindo a normativa vixente).
Que a idea é conseguir un acordo de futuro e axilizar os concursos para poder levar a cabo un ou dous anuais para persoal funcionario e persoal laboral.