Hai algunhas semanas preguntabamos publicamente polos avances da Comisión que, desde 2014, debería estar a estudar a xornada no ensino concertado. E volveu a ocorrer o mesmo que a principios de setembro, cando ao pouco de que CCOO iniciase a reclamación dos sexenios, os compañeiros/as da FSP-UGT tamén o fixeron. Aínda que sexa baixo a estraña forma unha campaña de recollida de firmas, agradecemos a súa resposta, porque pon de manifesto unha gran coincidencia cos problemas que desde sempre expuxemos en CCOO: |
|
Esta ampla similitude de posicións que senta as bases para que se poidan producir avances no futuro. Lamentamos que tivesen que pasar case 10 anos para que fosen conscientes desas coincidencias, porque durante a negociación do V Convenio os asinantes e actuais membros desa Comisión de Xornada non expuxeron a súa revisión (unha das causas polas que CCOO non o asinou). Por que agora, a finais de 2017 comezan a recoller firmas? Por que agora queren trasladar as súas propostas á Comisión de Xornada? Seica non se constituíu en 2014? É posible que non avanzasen nesas hipotéticas negociacións? CCOO é a resposta. |