RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2022
Prazo : xoves día 2 de xuño ata o mércores día 15 de xuño.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 2 de xuño de 2022.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
A súa solicitude de inscrición estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o anexo I asinado como o recibo de presentación deste.
Para cada especialidade na que se desexa inscribir deberá cubrir unha solicitude e aboar a taxa correpondente.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
