-
Le o acordo e non deixes que ninguén o interprete por ti. Podes consultalo AQUÍ.
– Para calquera dúbida podes contactar con nós nos locais sindicais, así como no enderezo electrónico: ensino@galicia.ccoo.es
1. Que é acordo para a Mellora do Emprego Público asinado o 29 de Marzo entre CCOO, UGT e CSIF co goberno de España?
É un acordo que incorpora as seguintes melloras:
- Ofertas de emprego público superiores ao 100% da taxa de reposición.
- Medidas para reducir a taxa de temporalidade.
- Converter en fixas o 90% das prazas que hoxe ocupa persoal interino.
- Oferta das prazas estruturais ocupadas de forma temporal dende hai tres anos.
- Valoración do tempo de servizos na administración como mérito para o acceso ao Corpo.
2. Restrinxe este acordo a suba salarial das empregadas e empregados públicos?
NON. Este acordo non contempla ningunha medida en materia de retribucións, que son fixadas nos Orzamentos Xerais do Estado.
3. Supón o Acordo un “ERE masivo” para o colectivo de interinas e interinos?
NON. O Acordo non limita o número de anos que se pode traballar en situación de temporalidade, pese a que algunhas Organizacións Sindicais así o manifestan.
4. Limita este acordo a estabilidade nas listas de contratación?
NON. As listas de contratación non son obxecto deste acordo. En Galicia, o acordo de 20 de Xuño de 1995, que foi asinado por CCOO, consolida a estabilidade nas listas de contratación en función da antigüidade no acceso ás mesmas.
5. Por que o acordo non suscitou unidade sindical?
Desafortunadamente a unidade sindical non foi posible. Asinamos o acordo porque supón unha mellora da estabilidade do persoal que traballa para a administración pero outras organizacións sindicais preferiron antepoñer os seus intereses particulares aos xerais.
6. Por que outras organizacións sindicais demonizan o acordo?
En CCOO debémonos á mellora das condicións laborais dos traballadores/as, o que pasa por negociar, pactar e ás veces asumir posicións mellorables. Outras organizacións entenden a negociación como un xogo de “todo ou nada”: esixen posturas maximalistas que nunca serán asumidas pola Administración. Antepoñen os seus intereses particulares á mellora das condiciones laborais do conxunto dos traballadores é traballadoras, quedando fóra dos acordos para logo desprestixiar aos sindicatos que nos esforzamos en acadar melloras e avances significativos.