A Xunta devolverá coa nómina de agosto o último 25% da extra de 2012 e a parte proporcional do complemento específico do 2013

Coa nómina de agosto os empregados públicos galegos cobraremos o último 25% da extra de 2012 e a parte proporcional do complemento especifico (ou paga equivalente) da extra de xuño 2013 correspondente aos meses de xaneiro e febreiro 

Por un lado a devolución do 25% da extra de 2012 estaba previsto cobrala coa nómina de setembro. Polo outro, a parte proporcional do complemento específico da extra de xuño de 2013 obedece a multitude de sentenzas xudiciais gañadas e ao acordo que CCOO e outras centrais sindicais asinamos coa Xunta de Galicia no que se comprometía este pago no ano 2016. Pois ben o adianto das eleccións autonómicas obraron o milagro. A Xunta anuncia no DOG de 5 de agosto o adianto do pago das dúas cantidades xunto coa nómina deste mes (enlace a DOG). Así Feijoo e o seu goberno queren convertirse nos “bos e xenerosos”

CCOO-ensino congratúlase do adianto do cobro dunhas cantidades que se nos debían porque xa eran nosas e porque xa foran gañadas nos xulgados. Pero temos que recordarlle a Feijoo, ao seu gobernó e ao PP que aínda nos deben moito diñeiro aos empregados e empregadas públicas de Galicia; concretamente a parte proporcional do complemento específico de todas as pagas extras desde o 2013 ata o 2016 que ascende a cantidades que van dende os 3.074,94 € aos 8.446,96 € euros segundo corpos/categorías e antigüidade (ver cadro de cantidades). Polo tanto o “esforzo” que están a facer non é suficiente.

Desde CCOO-ensino esiximos a devolución de toda a débeda salarial, pero tamén a volta ás condicións laboráis anteriores aos recortes. Que incorporen estas premisas ao seu programa electoral se queren falar connosco.

CCOO-ensino quere recordarlles a todas as empregadas e empregados públicos que Feijoo, o seu gobernó e o PP levan xa demasiados anos impoñéndonos sacrificios inxustos e pretendendo desprestixiarnos ante a opinión pública. E agora cando chegan as eleccións pretenden insultarnos intentando borrar da nosa memoria tantas afrentas anteriores co pago de algo que é noso por dereito propio. Non podemos fiarnos de persoas que levan tempo atacando os nosos dereitos e que se volven a gobernar, sen dúbida, seguirán facendoo. As empregadas e empregados públicos galegos temos que decirlle a Feijoo e os seus amigos que o noso voto non se vende.

Que non compren o teu voto. 

 

LIGAZÓN AO INFÓRMATE