Tras a sentenza gañada por CCOO e o resto dos sindicatos, na que se obriga a actualizar as retribucións das traballadoras de xestión directa, incrementando os salarios nun 5,5% desde setembro de 2021, o resto das organizacións procederon á firma das novas táboas salariais.
CCOO non as subscribiu ao ter interposto un recurso #ante o Supremo ao considerar que as táboas salariais dos centros de xestión indirecta tamén deberían actualizarse con ese 5,5%.


