Estado da negociación do IX Convenio Colectivo (Ensino Non Regrado)

Despois  de algo máis dun ano de negociación do IX Convenio de Ensinanza e Formación Non Regrada, chegouse a unha situación na que se fai prEciso tomar unha decisión final sobre o peche da mesma. 

A Mesa constituíuse en marzo de 2020, apenas uns días antes de que o Gobierno decretase o estado de alarma e o confinamento da poboación ante o avance da pandemia. Estes acontecementos  impactaron na actividade do sector dun xeito moi importante. A negociación do convenio tamén se viu moi condicionada, producíndose ao longo de moitos meses unha total falta de achegamento entre as posturas de ambas partes negociadoras. Todo isto engadido ás dificultades adicionais de cualquera negociación, sobre todo no relativo ás revisións salariais que tiñamos que pactar para o novo convenio.

Finalmente, nestes dous últimos meses, tras a insistencia e determinación de CCOO, conseguimos que se producise o achegamento e que as patronais asumisen algunhas das reivindicacións que se incluían na nosa plataforma negociadora. 

Na última reunión  presentáronnos os puntos sobre os que estaban dispostos a chegar a un acordo, presentando a  súa proposta. Resumimos aquí os puntos do posible acordo:

 

  • Engádese  un novo artígo que faga referencia á  regulación do traballo a distancia que hai no Estatuto dos Traballadores. 
  • Cambia a descrición dos postos de traballo de “Profesor Auxiliar” e “Profesor Auxiliar online” para dificultar a práctica dalgunhas empresas que utilizan estas categorías en lugar dos titulares. 
  • No  caso de cese no  traballo por vontade do traballador, redúcense a 25 os días de preaviso á empresa, e tamén o  máximo de penalización no caso de retraso no  preaviso na mesma medida. 
  • A  vixencia do convenio sería ata o 31 de decembro de 2023.

 

  • No capítulo de Permisos retribuídos:
  • Suprímense os 3 días de permiso para o outro proxenitor, no caso de nacemento de fillo, xa que a suspensión do contrato en caso de nacemento aumentou ata as 16 semanas.
  • Establécense todos os permisos, agás  o de matrimonio, en días laborables.
  • O inicio dos permisos será sempre en día laborable. No caso de que o feito causante se produza en día non laborable, o inicio do permiso  trasládase ao primer día non laborable. 
  • Engádese  un novo permiso retribuído de ata 15 horas anuais para acudir a consultas de médicos especialistas ou acompañar a familiar menor de 12 años ou que no poda valerse por si mesmo. 

 

Outros aspectos

  • Adáptase o convenio á nova lexislación en materia de suspensións da xornada relacionadas co nacemento de fillos e coidados do lactante.
  • Recóllense as novas medidas lexislativas para garantir a igualdade entre homes e mulleres no traballo. 
  • Recóllese o acordo asinado en 2019 sobre o control horario e rexistro da xornada de traballo. 
  • Revisións Salariais
  • Para o ano 2020  adáptanse as táboas salariais ao novo SMI. 
  • En 2021, aplícase un incremento retributivo do1,5% nos salarios base. 
  • En 2022,  aplicarse un incremento do 2% nos salarios base.
  • Dende CCOO iniciamos as consultas entre a nosa afiliación co obxectivo de determinar a nosa posición de cara a unha posible sinatura do convenio. Entendemos que dadas as circunstancias, podemos considerar este convenio como una consolidación dos incrementos salariais que se produciron nestes  últimos anos sen que además se produzan pérdidas nos dereitos xa acadados polas persoas traballadoras.

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS