O artigo 72 do convenio di que
Os fillos dos traballadores de todas as empresas afectadas polo presente convenio terán dereito exclusivamente á estancia e/ou ensino no Centro de maneira gratuíta ou a unha praza noutro Centro se a dirección daquel considérao oportuno, sempre que o número de alumnos nesta situación non exceda da seguinte cota por aula:
- Aulas de nenos até 2 anos: 25% do número de alumnos matriculados.
- Resto de aulas: 20% do número de alumnos matriculados.
A empresa, atendendo á súa organización e necesidades, poderá establecer o prorrateo do custo desas prazas gratuítas entre todos os traballadores afectados, cando se exceda da cota citada.
A pesar de que o artigo non ofrece dúbidas interpretativas, esta empresa obrigaba á traballadora a abonar a praza escolar do seu fillo, incumprindo de xeito manifesto un dereito recollido en convenio. A pesar de terlle sinalado repetidamente a ilegalidade do seu proceder e terlle solicitado formalmente que reconsiderase a súa decisión, a empresa rexeitou sistematicamente a petición.
Diante da súa negativa a traballadora non tivo outra alternativa que reclamar os seus dereitos por vía xudicial. Como era esperable, a xustiza fallou a favor da traballadora e condenou a empresa a devolver as cantidades cobradas de xeito indebido e a abonar os intereses correspondentes.
Laméntamos que se force as traballadoras a ter que reclamar por vía xudicial dereitos básicos e cuxa aplicación non ofrece dúbidas.
CCOO denunciamos que hai empresas que suprimen dereitos sabendo que as traballadoras non darán o paso para reclamalos por vía xudicial.
CCOO faremos todo o que estea da nosa man e proporcionaremos todo o apoio ás traballadoras para evitar que a política do medo deteriore inda máis a xa de por si precaria situación laboral deste colectivo.
COMISIÓNS OBREIRAS ESIXIMOS CONDICIÓNS DIGNAS E UN CONVENIO XUSTO PARA AS TRABALLADORAS DA EDUCACIÓN INFANTIL DE 0-3 ANOS.

