¿É OBRIGATORIO PARTICIPAR NOS TRIBUNAIS DE OPOSICIÓNS?
A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8º.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro.
¿PODO SOLICITAR SER SUPLENTE DO TRIBUNAL?
O presidente do tribunal pode conceder a suplencia se:
- Actuaches nun tribunal de oposicións dende o 2014 en adiante. 2014 incluido.
- Es director/a dun centro.
- Tes permiso sindical a tempo total
- Ter unha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2018 e que continúe durante o período de oposición.
¿PODO ABSTERME?
Son motivos de abstención os seguintes:
- Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro en cuxa resolución puidese influír a daquel; ser administrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.
- Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable e o parentesco de consanguinidad dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.
- Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas no apartado anterior.
- Intervir como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.
- Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou prestarlle nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.
- Ter realizado tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.
¿PODEN RECUSARME?
1. Nos casos previstos da abstención, poderá promoverse recusación polos interesados en calquera momento da tramitación do procedemento.
2. A recusación exporase por escrito no que se expresará a causa ou causas en que se funda.
3. No día seguinte o recusado manifestará ao seu inmediato superior se se dá ou non nel a causa alegada. No primeiro caso, se o superior aprecia a concorrencia da causa de recusación, acordará a súa substitución acto seguido.
4. Se o recusado nega a causa de recusación, o superior resolverá no prazo de tres días, previos os informes e comprobacións que considere oportunos.
5. Contra as resolucións adoptadas nesta materia non caberá recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpoñer o recurso.

