CCOO denuncia que sexa a primeira Xuntanza do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, despois de un ano.
*A administración informa da adopción dos acordos da xuntanza anterior (mellora na campaña de vixiancia da saúde, formación en materia de prevención, páxina web).
- Campaña de vixiancia da saúde 2016-2017 do persoal docente e non docente.
CCOO demanda que se amplíe o prazo a un mes para inscrición da mesma forma que se fai co resto dos empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia e que tamén se publicite no DOG ademais de informar aos traballadores/as a través do correo electrónico, pois aínda que houbo melloras, non se corrixiron todos os problemas. Nestas avaliacións solicitamos a aplicación de protocolos específicos para cada colectivo de traballadores, permitindo detectar todos os riscos novos que indicarían as enfermidades profesionais e engadilas, se fora o caso, no catálogo.
– Formación en materia de prevención.
CCOO demanda que se informe dun xeito efectivo as datas de inscrición. Engadir información vía correo electrónico.
– Páxina web actualizada.
Por fin podemos acceder a páxina web a buscar información. Témola na ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/2082
CCOO solicitou una pestaniña na páxina web para poder acceder directamente.
*A administración pasou información das estatísticas de accidentes de traballo,
facilitados por MUFACE e MUTUA GALEGA.
*Avaliacións de postos de traballo.
Infórmannos das avaliacións de postos de traballo feitas a instancia dos/as traballadores/as. Estas foron por motivo de enfermidade profesional, risco durante o embarazo, para solicitar a incorporación a un novo posto compatible coa incapacidade e por solicitude de prórroga para seguir traballando despois da idade de xubilación (65 anos).
Lamentablemente as avaliacións de centros de traballo, fixéronse unicamente por denuncia.
CCOO demanda a avaliación de todos os centros de traballo e de todos os postos, a corrección das deficiencias detectadas e adaptación dos postos de aqueles traballadores/as que teñan una incapacidade ou lle sobreveña, sen esperar a facelo porque exista obriga. Tamén seguiremos demandando o funcionamento dos comités provinciais. Tamén demandamos o servizo de Prevención provincial e coordinadores de prevención de riscos laborais nos centros.

