Convocados cursos de lingua galega gratuítos Celga 2, 3 e 4

Os cursos, que teñen unha duración de 70 horas, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

Para inscribirse hai que acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que se desexe e cubrir a solicitude de inscrición. Cada persoa só poderá inscribirse nun curso.

Prazo de inscrición: do 19 de febreiro ata o 8 de marzo, ambos incluídos.

Para participar nos cursos en liña, a persoa debe dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos:

  • Un ordenador con conexión a internet (de banda larga)
  • Un navegador web
  • Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición
  • Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico

Se un curso ten máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo.

Os cursos presenciais desenvólvense en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves.

 Resolución (DOG)

Cursos presenciais

  • Provincia da Coruña
  • Provincia de Lugo
  • Provincia de Ourense
  • Provincia de Pontevedra

Cursos en liña