Horarios (Profesorado)

Cadros resumo dos horarios nas distintas etapas educativas – Curso 2026-2027

Resolución do 16 de xuño de 2026, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Dirección Xeral de Innovación e Ordenación Educativa e da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a xornada semanal do persoal docente no curso académico 2026/27.

Comentario:
Verificación do documento publicado orixinalmente: https://sede.xunta.gal/cve?idcve=aPXk4nEsa4K7

Addenda ao Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, pola que se elimina a referencia ás 35 horas semanais de xornada laboral de todo o persoal da Xunta de Galicia no artigo 3 do citado acordo.

Cadros resumo dos horarios nas distintas etapas educativas (información obsoleta, SÓ VÁLIDA ata o curso 2025-2026)

Instrución 6/2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, sobre a xornada semanal do persoal docente que imparte educación infantil e primaria

Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

Comentario:
Acordo sindical que establece un máximo de 23 horas lectivas en infantil e primaria e que recolle un incremento en sexenios e complemento de acción titorial, así como outros complementos singulares.

Lei 4/2019, do 7 de marzo, de mellora das condicións para o desempeño da docencia e do ensino no ámbito da educación non universitaria.

Comentario:
Recomendación estatal de reducir a 23 horas o horario en infantil e primaria e a 18 horas en ensinanzas de secundaria.

ORDE do 4 de xuño de 2012 pola que se modifica o artigo 4 da Orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE de 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Acordo Sindical de 08 de xuño de 2007 de cadros de persoal e horario lectivo nos centros de Educación Infantil e Primaria.