Normativa xeral (ESO e Bacharelato)

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2026/27.

Resolución do 18 de xuño de 2026, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a dotación con carácter excepcional de recursos de persoal docente nos centros docentes públicos.

Resolución do 16 de xuño de 2026, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Dirección Xeral de Innovación e Ordenación Educativa e da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a xornada semanal do persoal docente no curso académico 2026/27.

Addenda ao Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, pola que se elimina a referencia ás 35 horas semanais de xornada laboral de todo o persoal da Xunta de Galicia no artigo 3 do citado acordo.

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2025/26.

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e
Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria
obrigatoria e bacharelato no curso académico 2024/25.

Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

Comentario:
Acordo sindical que establece un máximo de 23 horas lectivas en infantil e primaria e que recolle un incremento en sexenios e complemento de acción titorial, así como outros complementos singulares.

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.