Como vén sendo habitual, os servizos mínimos decretados para ensino son:
Centros de ensino públicos e concertados (artigo 1.7.3 e 1.7.4):
- A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno o subalterna en cada centro escolar. Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.
- Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa. Un encargado do cátering en cada un dos comedores de xestión indirecta.
- 1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.
- O 20 % do persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.
- O 20 % do persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores/as e persoal médico dos centros de educación especial.
Universidades (1.7.5)
- 1 empregado/a da área de conserxaría por quenda de traballo en cada facultade, escola, centro de investigación e demais centros administrativos.
- 1 funcionario/a no rexistro oficial de cada campus.
- 1 empregado/a do persoal de secretaría do reitor e dos vicerreitores/as dos campus onde non estea a sede reitoral.