Concurso de Traslados 2016: INFÓRMATE

 

A Conselleria de Educación presenta un Concurso de Traslados con baremo de puntuación contraria ao que aparece más normas procedimentais publicadas o 5 de outubro no BOE do Estado cando este ano o concurso ten carácter estatal. CCOO considera a convocatoria galega carece de seguridade xurídica, e vulnera o principio de igualdade para os docentes que están a participar no mesmo.

  • Que pode provocar esta situación?

– Pode provocar que concursantes doutras Comunidades Autónomas presenten recursos xudicializando o concurso co perigo da paralización do mesmo. Os corpos docentes somos estatais, e estase a por en cuestión a mobilidade do profesorado no Estado. 

  • Que defende CCOO-Ensino?

– CCOO defende a a existencia dun único baremo para todos os concursos. Esta organización nunca se opuxo a que fosen tidos en conta os servizos prestados antes de ser nomeado funcionario de carreira, pero considera que é un tema que debe ser negociado na Mesa Sectorial do estado, levando consigo a modificación do RD 1364/2010. É certo que a directiva europea 99/70 é de aplicación e que as decisións xudiciais van nesa liña pero a interpretación que se pode facer da aplicación da mesma e como se deben puntuar estes servizos non ten por qué ser a que actualmente esta facendo a Consellería.

  • Que propuxo CCOO-Ensino?

– CCOO propuxo unha suspensión cautelar do concurso durante un mes, que permitira a negociación na mesa sectorial do estado dun baremo único que se axuste ás sentenzas do TXUE e inmediatamente a convocatoria do concurso de traslados que respectara o principio de igualdade entre todos os participantes.

  • Cal foi a postura da Consellería?

– A Consellería mantén a súa intención de convocar o concurso de traslados tal e como o presentou pero manifesta que están a negociar que a baremación dos participantes se faga en función da praza á que optan, e dicir aos que queiran entrar en Galicia puntuaríaselle co baremo ratificado polo TSXG e a aqueles que opten a prazas de fora de Galicia baremaríaselle mediante o baremo publicado nas normas procedimentais do estado.

  • Cal é a posición de CCOO-Ensino con respecto ao que propón a Consellería?

– CCOO non se oporá á opción plantexada pola Consellería, xa que dada a desidia e irresponsabilidade das administracións educativas, podería server de modo transitorio, e únicamente para a convocatoria deste ano, para salvagardar un concurso de traslados comprometido e garantir a mobilidade do profesorado; pero tamén advertimos da inseguridade xurídica da mesma, porque desde Galicia non se pode baremar aos concursantes doutras comunidades. CCOO defenderá sempre a existencia dun baremo único saído dunha negociación no estado que é a máis xusta e con maior seguridade xurídica. Só os que defenden a ruptura dos concursos e mobilidade estatal, aínda que non o fagan público apoian sen fisuras a aventura da Consellería de Educación.

  • Conclusión…

    • A actitude da Consellería mantendo a súa posición de forza na aplicación do baremo, amėn de irresponsable, non é mais que unha cortiña de fume para ocultar os prexuízos ocasionados aos docentes durante todo este tempo pola súa precipitada decisión no 2013.
    • Dende CCOO-Ensino criticamos a falta de coordinación entre o goberno central e autonómico, a pesar de ser gobernos do mesmo partido político.