CCOO-Ensino denuncia o desprezo do Conselleiro de Educación polos representantes dos traballadores e traballadoras ao anunciar en sede parlamentar a convocatoria da oferta de emprego público para o 2018

Esta actitude amosa unha vez máis as mañas da Consellería que dirixe Román Rodríguez e o seu desprezo polos representantes legais dos traballadores e traballadoras  e o uso partidista e partidario que fai do departamento que dirixe, invalidando a negociación na Mesa Sectorial que é o lugar onde se deben dirimir o número de prazas e as especialidades a convocar.

No seu anuncio  establece que convocarán en "8 especialidades do corpo de mestres (Educación Infantil, Inglés, Francés, Educación Física, Música, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Educación Primaria); 15 especialidades en Secundaria (Lingua castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Orientación Educativa, Tecnoloxía, Lingua galega e Literatura, Intervención sociocomunitaria, Organización e xestión comercial, Organización e proxectos de sistemas enerxéticos, Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos, Procesos Sanitarios e Sistemas electrotécnicos e automáticos) e 7 para profesorado técnico de FP (Estética, Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos, Operacións de produción agraria, Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico, Procedementos sanitarios e asistencias, Procesos comerciais e Servizos de restauración). Ademais convocarán prazas para o acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas". Así mesmo, prazas "para facilitar o paso de funcionarios de secundaria ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (na especialidade inglés) e para o acceso desde o corpo de mestres ao corpo de profesores de ensino secundario."

 

LIGAZÓN Á NOVA NA WEB DA CONSELLARÍA