Que fago unha vez aprobo as oposicións?

Pedir destino para o curso 2018/2019. 

Se aprobas terás que solicitar praza para a realización da fase de prácticas o curso que vén en canto se fagan públicas as listas de persoas aprobadas. Este curso só se pode facer a través da sede electrónica da Xunta. 

Como pedir o destino? 

  • A solicitude terás que facela a través da aplicación CADP na web da Consellaría PARA ISTO TERÁS UN PRAZO DE 2 DÍAS HÁBILES logo de publicarse a lista de aprobados/as.  É preciso abrir unha conta de correo no portal edu.xunta.gal; se non dispós dela, debes solicita á UAC (Unidade de Atención a Centros) no teléfono 902905445.
  • É imprescindible rexistrala na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/).
  • Só poderás solicitar prazas da especialidade pola que aprobes a oposición. 

Que documentos terei que entregar?

No prazo de 20 días hábiles após a publicación no DOG das listas de persoas aprobadas, deberás presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos os seguintes documentos: certificado médico, declaración responsable e certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais. 

Como fago a toma de posesión?

  • A toma de posesión faise no centro no que obteñas destino. 
  • Desde o centro remitirán a documentación á Xefatura Territorial correspondente. 

Darte de alta como mutualista de MUFACE

Unha vez que recibas o nomeamento de funcionaria ou funcionario en prácticas terás que pasar pola sede de MUFACE da túa provincia para darte de alta como mutualista e elixir a entidade médica (SERGAS ou entidade privada). Cada ano, no mes de xaneiro e xuño poderás cambiar de entidade. 

Realizar o curso de galego

Presentar o informe-memoria