Postura de CCOO con respecto á orde de calendario escolar

 

As propostas que CCOO-ensino fará chegar á administración sobre o Calendario Escolar son as seguintes:

CCOO denuncia que o calendario se presente a finais de curso sen marxe para debater unha modificación de calado con todos os actores da comunidade educativa sobre os tempos escolares, tal e como xa fixeron outras comunidades autónomas que teñen deseñados calendarios máis racionais.

CCOO manifesta que a orde de calendario escolar presentada pola Consellería é pouco racional porque:

  • Non respecta os tempos escolares.
  • Amosa un desequilibrio de días lectivos entre trimestres.
  • Non se coordina co calendario da Universidade.
  • Dificulta os procesos de organización dos centros no inicio de curso.

Modificar a ubicación da Semana de Pascua, comenzandoa o xoves e rematándoa á semana seguinte. Na Formación Profesional e nas Ensinanzas de Réxime Especial, pospor a data de inicio de acordo

co remate dos prazos de matrícula, para así facilitar a confección dos grupos.

Establecer en Primaria de forma universal a xornada matinal reducida en xuño e setembro con servizo de comedor

O período de adaptación dos nenos de 3 anos de Educación Infantil debe ser todo o mes de setembro COMO MÁXIMO, deixando aos centros a posibilidade de reducilo de ser o caso.

Tamén deberá poderse ampliar o período de adaptación, previa autorización da Xefatura Territorial, nos casos de cursos nos que haxa alumnado con necesidades que limiten a súa autonomía.

Establecer como conmemoracións o 10 de marzo, Día da clase obreira galega e o 23 de xuño, Día dos servizos públicos.

Enumerar as datas nas que hai celebracións internacionais referidas ao recoñecemento efectivo dos dereitos LGBTI (15 de marzo – Día da Visibilidade Transexual, 26 de abril – Día da visibilidade lésbica, 17 de maio – Dia internacional contra a LGTBI-fobia, 28 de xuño – Día do Orgullo LGTBI…)