CCOO-ENSINO convoca un certame cultural para celebrar o Día das Letras Galegas

CCOO-Ensino busca, con esta iniciativa, darlle unha vertente lúdica, artística e pedagóxica ao Día das Letras e estimular o profesorado e alumnado para traballar esa festividade na escola. 

O certame consiste na presentación individual ou en grupo dunha obra que debe ter unha dobre compoñente:

  • Literaria: poesía, relato, conto… escritos en lingua galega
  • Artística: fotografía, debuxo, colaxe, escultura, etc.

Poderán participar persoas a título individual ou colectivo (clases ou grupos) nunha destas tres categorías, referidas a alumnado de centros de ensino público ou privados-concertados:

  • Categoría A: alumnado de educación infantil, 1.º, 2.º e 3.º de educación primaria
  • Categoría B: alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria.
  • Categoría C: alumnado de educación secundaria obrigatoria
  • Categoría D: alumnado de formación profesional e bacharelato.

O alumnado premiado recibirá libros doados polas editoriais colaboradoras: Galaxia, Ir Indo, Trifolium e Planeta. Cómpre salientar que CCOO-Ensino non terá ningún tipo de contacto co alumnado participante, senón que unha persoa docente deberá actuar de intermediaria para salvagardar a súa intimidade.