REUNIÓN SUBCOMISIÓN MESA SECTORIAL PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL -ACORDO DE ESTABILIZACIÓN-

O día 23 de outubro de 2017 celebrouse a primeira reunión desta subcomisión na que a DXFP facilitou a seguinte información: 

* Que a información que ía facilitar hoxe podería ter modificacións, xa que as cifras non estaban totalmente pechadas. 

* Que se traia a proposta de Decreto da Oferta de Emprego Público do ano 2017 a esta subcomisión porque na mesma, ademais dos temas derivados do acordo de estabilidade, tamén se ían incluír as ofertas ordinarias de prazas. 

* Tamén indicou que para Sanidade habería 1616 prazas e para Educación 1100. 

  • Que neste decreto non ían ir prazas derivadas do acordo de estabilidade. 
  • Que a Oferta de Emprego Público do ano 2017 sería de 789 prazas: 

– 426 derivadas da aplicación da taxa de reposición directa.
– 213 do proceso de consolidación de persoal laboral (2a parte), aínda que este número non é definitivo.
– 150 prazas de promoción interna separada
– No tocante á cota de discapacitados, correspóndelle 50 prazas á quenda xeral (6,31%) e 18 prazas á quenda de discapacidade intelectual (2,28), o que supón o 8,61% das vacantes.
– 105 prazas do SPDCIF co obxecto de cumprir o acordo de bombeiros forestais – 180 prazas a Consellería de Política Social e tamén podería incluír prazas do Consorcio no caso de que se aprobase a súa RPT. A idea da dirección xeral é baixar a taxa de temporalidade neste sector.
– Como novidade comentou que cabería a posibilidade de acumular prazas das oferta de anos anteriores que non estean convocadadas nun único proceso selectivo. 

* No tocante ao calendario do Acordo de Estabilización indicou: 

– Que tiñan a intención de aprobar a OEP do ano 2018 no primeiro trimestre dese ano e que incluiría prazas deste acordo (500/600 prazas). 

– Que na OPE 2018 posiblemente irían prazas do SPDCIF correspondentes ao cupo ordinario e por estabilidade. 

– Que convocaria de xeito inminente unha comisión técnica para determinar cómo se vai estruturar o traballo do plan de estabilidade e facilitar a información para determinar as prazas que van a ser obxecto de estabilización. Esta información empezarase a enviar no mes de decembro co obxecto de que as organizacións sindicais a validen e indiquen, no seu caso, as que se deben incluir. 

 

* Polo que respecta ás convocatorias facilitou a seguinte información (esta datos non son definitivos e poderían existir pequenas variacións: 

1o trimestre de 2018 Corpo xeral. 

• Libre 

A1: 38 PRAZAS A2: 30 PRAZAS C2: 53 PRAZAS 

• Promoción interna: 

A1: 44 prazas A2: 70 prazas C1: 130 prazas C2: 106 prazas 

Corpos especiais. 

Enxeñeiros Camiños: 9 prazas
Enxeñeiro Técnico Obras Públcias: 5 prazas.
Enxeñeiro Agrónomo: 6 prazas
Enxeñeiro Técnico Agrícola: 8 prazas
Subinspector urbanístico: 3 prazas
Finanzas: 4 (A1) e 6 (A2)
Camareira Limpadora: 76 prazas
Profesores numerarios: 17 (pendente de consulta titulacións) 

 

Entre maio e xuño: 

Convocar o resto, salvo Política Social e Bombeiros Forestais, que se deixan para o derradeiro trimestre pola necesidade de acordar antes a aprobación do decreto de funcionarización.