CCOO denuncia o uso interesado das informacións por parte da administración sobre a OPE deste ano e esixe a súa convocatoria.

Despois das novas que xurdiron na día de onte tras a xuntanza do MECD coas comunidades autónomas na que se comunicou que ao non ter aprobados os Orzamentos do Estado do ano 2017 non se pode facer a convocatoria de oposicións e postos en contacto coa Consellería, esta nos comunica que están a valorar  a situación no ámbito xurídico  e que o transmitiran na mesa sectorial convocada para o xoves día 2.

 

CCOO-Ensino considera que a administración debera buscar unha solución, que está nas súas mans, que permitira a convocatoria dos procesos selectivos aínda que non se tiveran aprobado os Orzamentos do Estado de 2017. e deberá convocar a OPE para este curso.

 

CCOO-Ensino considera que a administración está a xogar cos aspirantes a ditas prazas, emitindo informacións de diverso signo dependendo dos seus intereses usando a convocatoria con caracter publicitario e de autobombo según lle interese.