Toda a información da Comisión de persoal ordinaria do 30 de maio de 2023 (PSEC)

‌ infórmaTE

  • Publicarase o próximo 5 de xuño no DOG un requerimento de documentación para o persoal pendente de cobro da carreira profesional. Abrirase un prazo de quince días hábiles a partir do 7 de xuño para achegala.
  • A Consellería retirou a amortización de cinco prazas na gardería fluvial.
  • Ofértanse 86 prazas de elección de destino para a escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de Educadores (subgrupo A2).
  • Nos próximos días publicaranse no DOG as datas dos exercicios de quince procesos selectivos.
  • Nas próximas semanas negociarase a convocatoria dun proceso para dar os reingresos en postos de funcionarios.
  • As adscricións temporais prolongaranse ata o 1 de outubro.
  • No mes de xuño publicaranse os listados provisionais correspondentes a 48 procesos de estabilización.