CCOO-Ensino chama a concentrarse o xoves 21, ás 19:30 h, nas sete grandes vilas pola recuperación do horario lectivo do profesorado galego

CCOO-Ensino e as outras organizacións con representación no ensino público chaman unitariamente a concentrarse nas sete grandes cidades pola recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en primaria e de 18 horas en secundaria, logo da negativa da Consellería a abrir as negociacións para recuperalos. Por un traballo mellor. Non queremos traballar menos, queremos traballar mellor. Son horas, son dereitos!

 ver CARTAZ coas concentracións