CCOO ensino consegue 4 delegad@s nas eleccións do profesorado de relixións celebradas o 29 de maio

Onte, 29 de maio de 2019, celebráronse as eleccións sindicais do persoal laboral docente profesorado de Relixións.

Desde a Sección Sindical do profesorado de Relixións da Federación de Ensino de CCOO, queremos agradecer o apoio e a confianza recibidos pola nosa afiliación e votantes. A pesar das presións sufridas por parte dalgunha organización sindical e dalgún axente alleo.

CCOO obtén a seguinte representación: 2 delegados na provincia da Coruña, 1 delegada na provincia de Lugo e 1 delegado na provincia de Pontevedra.

As persoas elixidas poñémonos á disposición de todas e todos os que nos apoiaron e comprometémonos a seguir traballando na eliminación da precariedade e na defensa dos postos de traballo deste colectivo.

Comparte o que pensas