CCOO desmárcase da firma do convenio de Educación Infantil 0-3 anos que condena á precariedade ás súas traballadoras

A pesar do clamor e do sentir maioritario das traballadoras, as organizacións patronais e os sindicatos UXT, USO e FSIE decidiron facer oídos xordos ás súas demandas e rubricar un texto que non supón ningunha mellora laboral e que ademais condena á precariedade a un colectivo duramente golpeado pola crise e a conxelación salarial que arrastran desde 2011. O convenio que se acaba de asinar non soluciona ningún dos múltiples problemas existentes no sector e non prioriza o recoñecemento profesional das tarefas que veñen desenvolvendo as educadoras, cuxa formación e responsabilidade non se corresponden en absoluto coas retribucións irrisorias que pasarán a percibir. Os 930 euros brutos de salario basee que establecerá o convenio mostran o ninguneo e o desprezo facía un colectivo con retribucións conxeladas desde hai 7 anos e medio. 

A mediados de 2018 subscribiuse o IV Acordo Estatal de Negociación Colectiva entre CCOO, UXT, CEOE e CEPYME. Entre outras medidas, establecía que ningún salario se situaría por baixo dos 1.000 euros en 2020. Iso non será así para o 80% das traballadoras deste sector porque tanto as organizacións patronais presentes na mesa como UXT incumpriron o compromiso que adquiriron. A esperpéntica decisión de asinar o novo convenio provocará que se continúe profundando a brecha salarial por cuestión de xénero que motivou a folga feminista do pasado 8 de marzo.

CCOO seguirá traballando para mellorar as condicións laborais dos miles de profesionais que no día de onte deixaron claro coas súas protestas en todo o Estado que a pobreza laboral non se pacta.

  VER INFÓRMATE EN PDF