DEMANDA COIDADORES CÁTERING

A consellería de Educación, mediante unha instrución, obriga o persoal coidador a asistir e axudar no comedor escolar, e nos períodos anterior e posterior ao dito servizo, os nenos que teñan asignados ao seu coidado. Tamén obriga este persoal a xantar ao mesmo tempo que fan a función de atención aos menores a cargo, cuestión esta imposible en case todos os casos.

Aínda que inicialmente esta función aparece recollida no convenio de procedencia (aprobado por Resolución do 17 de novembro 1994. RCL 19943349), nesas datas os comedores escolares eran todos de xestión directa da Administración educativa. Posteriormente, amplíase este servizo a  comedores de xestión indirecta, comedores xestionados por ANPAS e comedores xestionados por Concellos. Desta forma, este persoal ten que realizar funcións que corresponderían ás empresas concesionarias do servizo, tal e como está recollido nos pregos de contratación e no propio decreto de comedores (Decreto 132/2013, do 1 de agosto).

O persoal coidador nesta situación está desamparado porque, ante calquera incidente, non poden recorrer ao seu contratante, que é a Administración.

Desde CCOO-ensino demandamos que o servizo de comedor escolar sexa sempre de xestión directa e, desta forma, o persoal coidador podería realizar as súas funcións como un servizo á Administración que os contrata.