CORREO ELECTRÓNICO AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN. PARTICIPA PARA CONSEGUIR A SUBA SALARIAL!

Estimada/o compañeira/o, a Consellaría de Educación pretende dar por finalizada a negociación da homologación retributiva das e dos docentes galegos cun desencontro. A consecuencia sería un incremento retributivo de 0 euros e continuar ocupando o undécimo  ou duodécimo lugar, segundo corpos e/ou antigüidade. Non podemos consentir que a Administración educativa siga enrocada nunha cantidade insuficiente e nun calendario de aplicación demasiado longo (oferta 80 euros e pretende rematar a súa aplicación no ano 2021). Por este motivo, CCOO-ensino pídelle ao profesorado a súa axuda e implicación na negociación. Pretendemos unha mobilización para conseguir un acordo que nos sitúe no sexto lugar do Estado e cunha aplicación temporal igual á do acordo acadado coas traballadoras e traballadores da xustiza (rematar en 2020).

Pedímosvos que todos e todas mostredes directamente o apoio a unha negociación real e a esixencia dun trato digno ao profesorado galego. Para concretar o apoio propomos que enviedes un correo ao Conselleiro conselleiro.cultura.educacion@xunta.gal de educación co seguinte texto:

“O profesorado galego esixe da Consellería que vostede representa unha proposta que permita acadar un acordo de homologación que nos  sitúe de media na sexta posición (ao igual que se conseguiu cos acordos de homologación de 2003 e 2006). Da mesma forma, o calendario de aplicación ten que iniciarse no ano 2018 e rematar no ano 2020, na mesma liña que o acadado coas traballadoras e traballadores de xustiza.”