CCOO ensino, reclama para o profesorado da concertada que se inicie a negociación das súas condicions salariais na mesa tripartita do ensino concertado.

As demandas son as seguintes:

  • Se repoñan o acordo suspendido de 2008, implementando o pago do tramo pendente (45 euros)   e o incremento do 2% do complemento retributivo autonómico.
  • Se traslade ao profesorado do ensino concertado os mesmos incrementos salariais ca os acordados para os funcionarios.
  • Apertura dun novo proceso de negociación para avanzar na homologación co profesorado do ensino público como sucede na maioria das comunidades autónomas do estado.