
CCOO CHAMA A DEFENDER A LINGUA GALEGA
Neste 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, desde CCOO non vemos mellor forma de actuar que chamando a toda a sociedade en xeral a defender a lingua galega este domingo 23 de febreiro en Santiago de Compostela participando activamente na manifestación a favor da lingua galega, baixo o lema Lingua Vital xa. A manifestación organizada pola plataforma Queremos

Últimos días para solicitar o encadreamento nos graos da Carreira Horizontal
Data límite, xoves 30 de xaneiro Dende a sección sindical de CC.OO queremos recordar a todo o persoal da USC que este xoves 30 de xaneiro é o último día de prazo para cumprimentar as solicitudes de encadramento e acceso no sistema da Carreira Horizontal no ámbito do PTXAS da USC,posto en marcha coa publicación no taboleiro electrónico da USC da

Concentración promovida pola Plataforma de profesorado Axudante doutor da USC: animamos a todo o persoal da USC a participar o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 12h diante do reitorado na praza do Obradoiro (fronte ó Colexio de San Xerome)
CCOO comparte e apoia a proposta de estabilización do colectivo de Profesores Axudantes Doutores da USC que estean acreditados a categorías superiores. CCOO tamén considera que o proceso de estabilización debe ser prioritario sen renunciar ao dereito da promoción. Dende CCOO levamos defendendo historicamente na USC o desenvolvemento equilibrado do tripla proceso de creación de emprego, estabilización e promoción coa intención de asegurar un futuro acorde

Publicada no taboleiro da Sede Electrónica da USC a convocatoria para o encadramento e acceso á totalidade dos graos da Carreira Horizontal
Paso decisivo na mellora das condicións retributivas do PAS da USC O taboleiro electrónico da USC vén de publicar no día de onte a Resolución reitoral pola que se convoca o Proceso extraordinario de encadramento e acceso aos graos da carreira profesional horizontal no ámbito do PTXAS da USC. Trátase da posta en marcha do acordo asinado en decembro por

Publicado o Calendario Laboral da USC para 2025
Coma todos os anos, a sección sindical de CCOO da USC publicamos o novo calendario laboral para este ano 2025. No calendario contémplanse os días festivos estatais, da comunidade autónoma, os locais de Santiago e Lugo e os festivos propios da USC.Calendario laboral baseado na instrución de xerencia relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS para
