Xustiza

Avances na solicitude de Complemento Actividade Docente

Dende CCOO queremos anunciarvos unha vitoria xudicial respecto ao factor de proporcionalidade empregado a hora do cómputo do tempo traballado, de cara a solicitude do complemento por actividade docente (quinquenios), do período traballado baixo contratos con dedicación a tempo parcial

CC.OO. reclama da Xerencia activar e culminar xa a negociación sobre a parte económica do último acordo sobre a Carreira Horizontal

A carreira horizontal, xunto co desenvolvemento e posta en marcha das promocións e a redución da temporalidade, favorecendo o acceso a funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo, foi nestes anos un dos principais obxectivos da sección sindical de CC.OO. En todos estes temas téñense producido avances moi importantes froito da negociación e o traballo sindical; así con respecto á carreira profesional horizontal, nas próximas semanas débese culminar a negociación coa xerencia para o recoñecemento e implantación dos restantes graos da carreira (II, III e IV) e os seus complementos retributivos

Grazas!

CC.OO. o sindicato máis votado e con máis representación entre o persoal da USC Dende CCOO queremos agradecer a participación e os resultados das eleccións sindicais celebradas onte que nos converteron a CC.OO no sindicato mais votado e con máis representación entre o persoal da USC. Tamén queremos agradecer especialmente o traballo das persoas que integraron as mesas electorais e

Paso decisivo na mellora das condicións retributivas do PAS da USC

Coa convocatoria publicada onte, para o recoñecemento do complemento retributivo do grao I da carreira horizontal extraordinaria, o PAS da USC vén de dar un paso decisivo na mellora das condicións retributivas; sen dúbida o máis relevante en moitos anos. Como xa diciamos en decembro pasado, no momento da firma do acordo, a implantación da carreira horizontal ten unha importante