A USC será deste xeito a 1ª universidade galega na que os sindicatos logramos un acordo deste tipo
Publícase no DOG de onte o acordo de teletraballo que, como xa se anunciara, fora adoptado por unanimidade entre a representación sindical e a xerencia na Mesa Xeral de PAS do 20 de maio. Como tamén se indicou no seu momento, este acordo permite a implantación do teletraballo con carácter ordinario e sen depender de circunstancias excepcionais coma as vividas coa pandemia.
Agora, tal e como establece a disposición transitoria 3ª do propio acordo, a USC deberá convocar o proceso para a autorización do desempeño de postos na modalidade de teletraballo correspondente á convocatoria de 2021 “no prazo máximo de 3 meses desde a súa publicación”.
Reiteramos os obxectivos do acordo:
- Mellorar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral
- Aumentar o compromiso e o nivel de motivación do persoal
- Potenciar o traballo en base a obxectivos e non en tempo de presenza
- Diminuír o absentismo e favorecer a saúde laboral
- Mellorar a xestión do tempo e os procesos de traballo na USC
- Reducir os tempos de desprazamento dos empregados/as
- Contribuír a mellora do impacto medioambiental
- Contribuír a unha xestión sostible dos recursos da USC e á consecución de aforro enerxético
Podes consultar a publicación no DOG accedendo á seguinte ligazón: Acordo no DOG