CCOO da USC anima a participar nas manifestacións do 25 de maio e 2 e 12 de xuño contra a creación dunha universidade privada na Galiza

En defensa da Univesidade pública: concentración o martes 25 de maio ás 11:00 horas diante do Parlamento Galego

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública volve facer público o seu rexeitamento á creación dunha universidade privada na Galiza

As organizacións sindicais, profesionais e estudantís que conformamos a Plataforma Galega reafirmamos a nosa crítica ao proceso iniciado polo goberno Feijóo, en contra das tres universidade públicas que conxuntamente se pronunciaron na defensa do carácter público dos estudos superiores

Martes 25 de maio ás 11:00 horas diante do Parlamento Galego

O mércores 2 de xuño as 11:00 horas, convocamos concentracións nos 7 Campus:

  • Santiago de Compostela: concentración diante da Reitoría da USC, Praza do Obradoiro
  • Lugo: concentración diante da Biblioteca Intercentros, rúa Bernardino Pardo Ouro
  • A Coruña: concentración diante da Facultade de Informática, Campus Universitario de Elviña
  • Ferrol: concentración diante da Vicerritoría de Ferrol, UDC, rúa Doctor Vázquez Cabrera
  • Vigo : concentración diante da Reitoría da Universidade de Vigo, As lagoas, Marcosende
  • Pontevedra: concentración diante da Facultade de Ciencias Sociais, Campus Universitario da Xunqueira
  • Ourense: concentración diante da Facultade CC Educación e Facultade de Historia, Campus As Lagoas, Edificio de Ferro