A semana pasada o Consello de Ministros aprobou o abono do 0,5 % pendente da suba salarial de 2024 complétanse así, con varios meses de retraso os acordos salariais que asinamos co Goberno para o período 2022-2024 e que afectan a todas as persoas que traballan no emprego público, tamén nas universidades sexan docentes ou non docentes.
Os incrementos retributivos finalmente aplicados no período 2022-2024, froito dese acordo co goberno, viñeron a significar un aumento salarial nese período do 9,8%; que algúns sindicatos se negaron a asinar e desprezaron no seu momento, para pasar a “esixir” e reclamar posteriormente o seu cumprimento.
Dende a sección sindical de CC.OO agardamos que esta retribución pendente do 0,5% dende xaneiro de 2024 se faga efectiva nas nosas nóminas á maior brevidade, e que se inicie axiña a negociación dun novo acordo marco para as Administracións Públicas, que permita gañar dereitos e seguir actualizando os salarios e o noso poder adquisitivo nos próximos anos.
Pero tamén queremos destacar, dende a sección sindical de CC.OO na USC, que neste mesmo período 2022-2024 se deron outras subidas salariais adicionais para o PAS, como froito doutros acordos acadados por CC.OO no marco da nosa propia universidade e que tiveron como beneficiarios ao PAS laboral e funcionario da USC.
Estas melloras propias da USC inclúen principalmente o Grao I a carreira horizontal, que xa estamos cobrando integramente dende xaneiro de 2024 e que vimos percibindo mensualmente nas nosas nóminas todo o persoal con máis de cinco anos de antigüidade.
Así, sen computar aínda a subida pendente de aplicar do 0,5% (5 € por cada mil) presentamos nos seguintes cadros as subidas salariais do período 2022-2024 para o PAS funcionario e laboral da USC; froito todas elas de acordos e negociacións a todos os niveis nos que participou activamente CC.OO.
No primeiro cadro presentamos os importes anuais en €uros e as porcentaxes de subida para os grupos e niveis do persoal funcionario. Non se inclúen os incrementos derivados dos cambios de nivel (salvo nos postos base de C2). Tampouco se inclúen incrementos salariais derivados dos cambios de grupo da promoción interna independente:

En canto ao PAS laboral, presentamos os importes anuais en € e as porcentaxes de subida, correspondentes a ese mesmo período (2022-2024) nos seguintes cadros, un cos postos non singularizados e outro cos singularizados. Tampouco se inclúen neles os incrementos salariais derivados dos cambios de grupo da promoción interna independente:


Sección sindical de CC.OO, o poder de cambiar as cousas.
