Eleccións Sindicais na USC
Logo da presentación o pasado 8 de febreiro dos preavisos pertinentes na Oficina Publica de Rexistro por parte dos sindicatos CC.OO, CIG, UGT e CSIF, iniciouse o proceso conducente á celebración das eleccións sindicais na USC que terán lugar, para todos os sectores de persoal, o próximo 9 de maio.
A información institucional sobre as eleccións sindicais, unha vez publicados os preavisos no taboleiro electrónico da USC o xoves pasado, está accesible a través do seguinte enlace:
Eleccións sindicais 2023
Nesa páxina web pódese consultar tamén o calendario electoral que, logo da presentación dos preavisos, continúa o próximo 9 de marzo coa constitución das mesas electorais de cada sector, tal e como acordaron os sindicatos o pasado 2 de febreiro.
Por parte de CC.OO queremos animar, dende este momento, á máxima participación na elección dos representantes sindicais. Será para nós o momento de dar contas e valorar o esforzo, o traballo e os avances acadados no período anterior; e tamén o de formular e definir os obxectivos e as persoas que nos han de representar para tratar de levalos adiante no próximo período 2023-2027.
CCOO o teu sindicato, a mellor garantía