Avances na solicitude de Complemento Actividade Docente

A sentenza, relativa á convocatoria de novembro de 2022, é firme e indica que a experiencia docente con dedicación parcial P6 debe ser valorada cun factor 0.75 en vez de 0.5 como se viña facendo. No caso da a dedicación P3 seguirase aplicando o factor de 0.5.

Queremos agradecer á USC a súa dispoñibilidade para introducir os cambios unha vez recibida a sentenza. Pensamos que é necesario desenvolver o mecanismo para aplicar o novo coeficiente redutor a todas as persoas afectadas.

Así mesmo, queremos sinalar que é desexable evitar a xudicialización de todas as discrepancias que xurdan no ámbito laboral sobre as condicións das persoas traballadoras da USC. Ese fin da xudicialización pasa, necesariamente, pola escoita activa e a intención de chegar a acordos. Neste sentido, temos como cuestión pendente por resolver a posibilidade de que o persoal posdoutoral poida solicitar os complementos por actividade investigadora (sexenios).

A acción sindical constitúe unha poderosa ferramenta para mudar as cousas e o resultado que hoxe vos comunicamos supón unha nova proba deste feito.

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía