11N FOLGA XERAL: Salarios – Vivenda – Prezos

CCOO e UGT chamamos os homes e as mulleres do noso país a mobilizarse por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos ante unha inflación que lastra o noso poder adquisitivo.

A folga xeral do 11N é un clamor contra a precariedade laboral e habitacional que lastra millóns de persoas

A folga xeral do 11N é a resposta á insaciable avaricia inmobiliaria que especula cun dos principais dereitos de cidadanía, facendo practicamente imposible o acceso da maioría a unha vivenda digna.

A folga xeral do 11N é a denuncia da clase traballadora a unha política empresarial que aproveita o crecemento económico do país para engordar o seu patrimonio con grandes beneficios á custa dos salarios das persoas traballadoras.

A folga xeral do 11N amosa a indignación da maioría do país por un modelo económico que traslada aos prezos e ao consumo de bens básicos as marxes empresariais para sufragar os incrementos dos custos da crise enerxética provocada pola infamia das guerras.

A folga xeral do 11N amósanos a forza dunha sociedade mobilizada liderada pola mocidade, mulleres e homes que demostran o seu compromiso coa loita colectiva e que para nada son a xeración de cristal.

A folga xeral do 11N é un clamor contra a precariedade laboral e habitacional que lastra millóns de persoas, e especialmente mulleres e migrantes afectados por unha situación de vulnerabilidade económica.

A folga xeral do 11N é un chamamento a vivir dignamente, a non deixarmos a saúde no traballo, a non sermos estigmatizados por empresarios carentes de ética cando enfermamos, a que as nosas preocupacións por chegar a fin de mes e non sermos desafiuzadas non nos aboquen á enfermidade mental.

A folga xeral do 11N confirma o compromiso da sociedade cuns servizos públicos que garantan a saúde, a educación, os coidados e a vivenda, evitando que sexan as persoas traballadoras as que teñan que pagalos no sector privado.

UGT e CCOO chamamos á folga xeral o 11 de novembro para desbloquear a negociación colectiva, para:

  • subir salarios
  • reducir a xornada
  • mellorar a saúde das persoas traballadoras
  • erradicar a precariedade

CCOO e UGT chamamos á folga xeral para emprazar todas as administracións públicas a impulsar políticas que acaben coa especulación da vivenda.

UGT e CCOO chamamos á folga xeral para que se poña control á deriva dos prezos que lastran as rendas da clase traballadora.

Compañeiras, compañeiros, o 11N á Folga Xeral.