Este 1º de Maio de 2026, desde a Sección sindical de CCOO na USC, chamamos ao PDI, PTXAS e Persoal investigador a mobilizarse baixo o lema:
Dereitos, non trincheiras. Salarios, vivenda e democracia.
Nun contexto internacional marcado pola guerra, a inestabilidade e o avance de proxectos autoritarios, e nun contexto estatal no que a desigualdade segue medrando, a universidade pública non é allea aos problemas da clase traballadora. Ao contrario: sofre os seus efectos de maneira directa.
Desde CCOO defendemos a universidade pública como un servizo esencial, clave para a cohesión social, a igualdade de oportunidades e o progreso democrático. Isto só é posible con emprego digno, estable e con dereitos tanto para o PAS como para o PDI.
O PTXAS continúa soportando sobrecargas de traballo, déficit de persoal, problemas de encaixe profesional, atrasos na carreira horizontal, promoción interna insuficiente e precariedade nalgunhas áreas clave.
O PDI, especialmente o máis novo e o persoal investigador, sofre inestabilidade, encadeamento de contratos, falta de expectativas reais de estabilización e presión crecente sobre as condicións de traballo e de investigación.
A isto súmanse problemas que afectan a todo o persoal universitario:
Graves dificultades de acceso á vivenda, que afectan especialmente á mocidade, ao persoal investigador e ao profesorado máis novo
Falta de investimento suficiente en universidades públicas
Dixitalización e IA sen garantías abondas para os dereitos laborais
Desde CCOO esiximos na universidade:
- Emprego público estable, con consolidación real do persoal
- Salarios dignos e recuperación do poder adquisitivo
- Promoción profesional, carreira e desenvolvemento laboral efectivos para o PAS
- Estabilidade e itinerarios claros para o PDI e persoal investigador
- Negociación colectiva forte, con respecto á representación sindical
- Redución da precariedade e da temporalidade en todas as categorías
- Que a dixitalización e a IA estean ao servizo das persoas traballadoras, non do control nin do recorte de dereitos
- Vivenda digna como dereito básico, con políticas públicas reais
- Defensa dos servizos públicos e da universidade pública como piar da democracia.
Desde CCOO lembramos que os dereitos laborais, tamén na USC, non caeron do ceo: foron conquistados coa organización, a negociación e a mobilización colectiva.
Este 1º de Maio, PTXAS e PDI temos motivos dabondo para saír á rúa: por dereitos, por condicións de traballo dignas, por salarios, por vivenda e por democracia.
Estas son as mobilizacións previstas para o Primeiro de Maio nas distintas cidades e vilas galegas:
A CORUÑA
09:00 h Ofrenda floral no cemiterio civil
12:00 h Praza da Palloza ata praza Ourense
14:00 h Xuntanza con paella e música
CCOO-UGT / MANIFESTACIÓN CENTRAL DE GALICIA
FERROL
12:00 h Praza do Inferniño ata praza Armas
CCOO-UGT
SANTIAGO
12:00 h Alameda ata praza da Quintana
CCOO-UGT
VIVEIRO
11:00 h Praza Maior (r/ 10 de Marzo) ata praza da Herba
Só CCOO
OURENSE
12:00 h Diante Subdelegación Goberto ata praza de Damas
CCOO-UGT
VIGO
12:00 h Rotonda do Barco en Coia ata parque de Castrelos
Festa popular parque de Castrelos
CCOO-UGT
PONTEVEDRA
11:00 h Praza da Ferreiría ata praza Pedreira
Só CCOO
AROUSA
12:00 h Diante do Concello e volta a diante do Concello de Vilagarcía
CCOO-UGT
