CC.OO GAÑA UNHA NOVA SENTENZA QUE OBRIGA Á USC A FACER NOVAS APORTACIÓNS AO PLAN DE PENSIÓNS

Logo do xuízo celebrado o pasado 5 de febreiro, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de facer pública a sentenza pola que estima a demanda da sección sindical de CC.OO e volve a condenar á USC a que realice un ano máis as achegas ao Plan de pensións do PAS laboral, neste caso as correspondentes ao exercicio económico de 2023.

Segundo a sentenza coñecida agora, as aportacións individuais que corresponden a este ano 2023 deberán ser calculadas nos mesmos termos que as efectuadas os anos anteriores. Isto é, segundo o establecido no convenio colectivo do PAS laboral da USC e no propio regulamento do Plan de pensións da USC. 

Unha vez fixadas as cantidades concretas a recibir por cada un dos partícipes do PTXAS laboral, deberá aplicarse esa mesma contía tamén a cada un dos partícipes do PTXAS funcionario.

Como se recordará, a USC xa fora obrigada, por anteriores sentenzas, todas elas promovidas por CC.OO, a realizar as aportacións correspondentes ao período 2018-2022 por un total de 1.430,74 € a cada un dos partícipes do Plan de Pensións. Ao que haberá que engadir agora a contía que corresponda, como resultado desta nova sentenza.

A esas cantidades hai que sumarlle tamén o ingreso xa efectuado o pasado mes de novembro de 400,76 € con cargo a 2025, en aplicación do Acordo acadado o pasado mes de maio por CC.OO, sobre as axudas de matrícula e as demais medidas de acción social para ao persoal da USC. Este acordo permite atender tanto a gratuidade nas matrículas como asegurar as achegas ao Plan de pensións e manter o seguro de vida; sen que sexa xa necesario acudir ao xulgado para reclamar as achegas dende 2025 en diante.

Amósase así, unha vez máis, a capacidade da acción sindical que vimos desenvolvendo para mellorar e defender as condicións de traballo do persoal da USC. 

Sección sindical de CC.OO, o poder de cambiar as cousas.