Manifesto de CCOO ante o 8 de Marzo de 2023

A igualdade é un plan que funciona

Simone de Beauvoir dicía que «mediante o traballo foi como a muller puido franquear a distancia que a separa do home. O traballo é o único que pode garantirlle unha liberdade completa» e esta liberdade é difícil de conseguir sen autonomía económica. Non hai nada máis duro que unha muller maltratada que non pode saír da violencia pola súa dependencia económica.

Porque o feminismo non se para nas portas dos centros de traballo e xuntas somos máis fortes, propoñemos á representación legal das persoas traballadoras despregar a acción feminista en todos os seus centros de traballo, mediante as fórmulas que consideren idóneas, o 8 M pola mañá, e a todas as traballadoras e traballadores asistir ás convocatorias das manifestacións que se realicen nas súas respectivas cidades.

Manifesto CCOO 8M 2023

CCOO o teu sindicato, a mellor garantía