Identifícaste con algunha destas situacións?
- A túa carga docente e burocrática non che deixa tempo para investigar?
- As tarefas administrativas ocupan cada vez máis espazo no teu día a día?
- Acreditácheste hai tempo, pero a túa promoción segue paralizada?
- Es profesorado asociado, substituto ou temporal e vives nunha situación de incerteza permanente?
- A túa dedicación real supera o que recoñece oficialmente a universidade?
- Resulta cada vez máis difícil conciliar a vida persoal coa docencia, a investigación e a xestión?
- Non atopas suficientes oportunidades para desenvolver a túa carreira académica?
Porque coñecemos estes problemas de primeira man, presentamos propostas concretas para mellorar as condicións do PDI da UVigo.
Recoñecer todo o traballo do PDI
A docencia, a investigación e a transferencia son a esencia da universidade pública.
Queremos sentirnos partícipes do progreso social, pero sen un PDI estable, recoñecido e con recursos suficientes non pode existir unha universidade pública de calidade.
Cada vez recaen sobre nós máis responsabilidades docentes, investigadoras e de xestión, sen que este aumento veña acompañado dun reforzo equivalente dos recursos, do persoal de apoio e do recoñecemento profesional.
O noso traballo vai moito máis alá das aulas e das publicacións científicas:
- Dirección de TFG, TFM e Teses.
- Captación e xestión de proxectos.
- Transferencia de coñecemento.
- Internacionalización.
- Coordinación académica.
- Xestión universitaria.
Defendemos
- Axilizar os procesos de promoción do profesorado xa acreditado.
- Un Plan de Dedicación Académica máis transparente, negociado e equilibrado.
- Recoñecemento efectivo das tarefas de coordinación.
- Recoñecemento da dirección de TFG, TFM e Teses.
- Compensación da carga derivada de proxectos competitivos.
- Aplicación efectiva das reducións docentes previstas para actividades de investigación, transferencia e xestión.
- Actualización e mellora dos complementos retributivos autonómicos do profesorado universitario galego.
Estabilización do profesorado temporal
Moitas compañeiras e companeiros levan anos encadeando figuras temporais ou accedendo a contratos que non ofrecen perspectivas claras de futuro.
A UVigo debe aproveitar todas as posibilidades que ofrece a LOSU para reducir a temporalidade.
Propoñemos:
- Un calendario público de estabilización.
- Conversión progresiva das prazas estruturais temporais en permanentes.
- Axilidade nas convocatorias de promoción e acceso.
Porque…
A universidade debe atraer talento, pero tamén ser capaz de conservalo.
Menos burocracia
Un dos principais problemas do profesorado na actualidade é a burocracia. O incremento de aplicacións e procedementos resta tempo ás nosas funcións esenciais:
- Docencia.
- Investigación.
- Transferencia do coñecemento.
Reclamamos
- Reforzar as unidades administrativas dos centros.
- Mellorar as aplicacións informáticas e reducir duplicidades.
- Simplificar os procedementos internos.
Investigación con recursos
Non hai investigación competitiva sen financiamento suficiente e estable.
Defendemos
- Maior apoio á captación e xestión de proxectos.
- Redución das cargas docentes cando existan responsabilidades investigadoras acreditadas.
- Recoñecemento efectivo da transferencia.
- Mellora dos recursos para grupos e laboratorios.
- Apoio ao persoal investigador novel.
Captación e retención de talento
A UVigo non pode permitirse perder ás persoas que forman o seu futuro.
Defendemos
- Programas propios de incorporación de persoal investigador novo.
- Estabilización para persoal investigador posdoutoral.
- Apoio aos grupos emerxentes.
- Financiamento estable para iniciar liñas de investigación.
- Recoñecemento da actividade internacional
Igualdade entre campus
Os tres campus deben contar coas mesmas oportunidades.
Reclamamos
- Distribución equilibrada de recurso
- Igualdade de oportunidades para promoción e investigación nos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense.
- Incentivos para garantir a cobertura das necesidades docentes de todos os centros.
Conciliación e benestar laboral
A dedicación académica non debe ser incompatible coa vida persoal.
Defendemos
- Medidas reais de conciliación
- Flexibilidade horaria efectiva.
- Docencia adaptada en situacións de especial vulnerabilidade familiar
- Medidas de compensación dos períodos de permisos e coidados nos procesos de avaliación.
- Dereito efectivo á desconexión dixital.
- Prevención do acoso laboral.
- Igualdade efectiva entre mulleres e homes na carreira académica.
- Atención á saúde física e emocional do persoal.
Porque…
A excelencia universitaria non pode depender do esgotamento das persoas que a fan posible.
Desenvolvemento da carreira académica e recoñecemento profesional
Coa implantación da LOSU é necesario avanzar cara a unha carreira académica máis clara, estable e previsible.
Defendemos
- Desenvolvemento completo da carreira académica prevista na LOSU.
- A consolidación real das figuras permanentes, tanto funcionariais como laborais.
- A redución efectiva da temporalidade ata os límites establecidos pola lei.
- A planificación transparente das prazas de promoción e estabilización.
- Recoñecemento equilibrado da docencia, a investigación, a transferencia e a xestión académica.
- Un sistema de avaliación máis claro, proporcionado e previsible.
- A aplicación de criterios obxectivos e transparentes nos procesos de acreditación e promoción.
- O desenvolvemento normativo pendente da LOSU para garantir dereitos homoxéneos en todo o sistema universitario.
Xubilación e relevo xeracional
Unha parte importante do profesorado achegarase á xubilación nos próximos anos.
A universidade debe planificar este proceso.
Propoñemos
- Facilitando fórmulas de transición e xubilación parcial.
- Garantir o relevo xeracional.
- Aproveitar a experiencia acumulada do profesorado sénior.
- Apostar pola incorporación de novo talento investigador e docente.

