Contidos
Docentes de ensino público non universitario
O 30 de setembro arrinca formalmente o proceso para as eleccións sindicais do persoal docente non universitario de Galicia, que culminará coa xornada de votación o 3 de decembro de 2026.
Nesta cita electoral, que se celebra cada catro anos, o profesorado elixe os seus representantes para as Xuntas de Persoal das catro provincias galegas. Desde CCOO Ensino poñemos á túa disposición esta guía práctica cos momentos clave, instrucións e prazos do proceso para que poidas exercer os teus dereitos con toda a claridade e garantías.
Balance do noso traballo (2022–2026)
Durante os últimos catro anos, en CCOO Ensino traballamos de forma constante e conseguindo numerosos avances en materia de ratios, atención á diversidade, redución de horario lectivo, retribucións, redución da burocracia… coa esixencia dunha educación pública de calidade e con recursos suficientes.

Consulta aquí o Balance Electoral de CCOO Ensino 2022–2026
Calendario e momentos clave do proceso
Para garantir un seguimento sinxelo de todas as fases, resumímosche os fitos máis salientables:
-
- 30 de setembro: constitución das Mesas Coordinadoras Provinciais (unha por cada provincia) e inicio formal do proceso.
-
- 6 de outubro: constitución das Mesas Parciais nos centros educativos (as mesas parciais encárganse da votación e do escrutinio en cada centro o día das eleccións).
-
- 9 ao 19 de outubro: exposición do censo electoral provisional en todos os centros docentes públicos.
-
- 13 ao 20 de outubro: período para efectuar reclamacións ao censo.
Censos electorais: Que debes ter en conta?
O censo electoral provisional estará exposto en todos os centros educativos dependentes da Consellería (tanto se teñen mesa de votación propia como se están adscritos a outro centro).
Que podes facer se hai un erro no censo?
Se non apareces no censo, se os teus datos son incorrectos ou se estás asignado a un centro que non che corresponde, debes presentar unha reclamación entre o 13 e o 20 de outubro.
-
- Onde se reclama? As reclamacións deben dirixirse directamente á Mesa Coordinadora Provincial correspondente, xa que as mesas parciais dos centros non teñen competencia para modificar o censo.
-
- Situacións especiais:
-
- Se estás de baixa médica, licenza ou excedencia con reserva de posto, tes dereito a figurar no censo.
-
- Se es persoal substituto ou interino e comezas a traballar durante o período de exposición, deberás solicitar a túa inclusión no centro onde prestes servizos antes do peche definitivo do censo.
-
- Situacións especiais:
Documentación e circulares oficiais
Nos seguintes documentos, elaborados conxuntamente pola Consellería de Educación e as organizacións sindicais convocantes, poderás resolver calquera dúbida:
Se aínda así hai algo que non che queda claro, resolverémosche as dúbidas desde CCOO Ensino nos nosos locais ou a través dos distintos medios de contacto dispoñibles.
Datos de contacto das Mesas Coordinadoras Provinciais
Se necesitas enviar unha reclamación ou realizar calquera consulta sobre a túa mesa ou censo, estes son os datos de contacto oficiais:
-
- Mesa Coordinadora da Coruña
-
Teléfono: 981 184 762
-
Correo: mesacoord.coruna@edu.xunta.gal
-
Enderezo: Departamento Territorial – R/ Vicente Ferrer, 2 – 7º, 15008 A Coruña
-
- Mesa Coordinadora da Coruña
-
- Mesa Coordinadora de Lugo
-
Teléfono: 982 294 153
-
Correo:
mesacoord.lugo@edu.xunta.gal
-
Enderezo: Departamento Territorial – Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo
-
- Mesa Coordinadora de Lugo
-
- Mesa Coordinadora de Ourense
-
Teléfono: 988 687 712
-
Correo:
mesacoord.ourense@edu.xunta.gal
-
Enderezo: Departamento Territorial – R/ Concello, 11, 32003 Ourense
-
- Mesa Coordinadora de Ourense
-
- Mesa Coordinadora de Pontevedra
-
Teléfono: 886 206 618
-
Enderezo: Departamento Territorial – Avda. Mª Vitoria Moreno, 43 – 8º, 36003 Pontevedra
-
- Mesa Coordinadora de Pontevedra
Voto por correo
Se unha persoa electora non vai estar presente o día da votación, pode exercer o seu dereito ao voto por correo.
Prazo de solicitude: ata o xoves 26 de novembro de 2026, incluído.
Pasos que cómpre seguir:
1. A persoa interesada deberá presentar a solicitude (segundo o modelo que a mesa coordinadora enviou ao centro e que tamén está dispoñible a continuación) nunha oficina de Correos, nun sobre aberto, para que o persoal funcionario a date e a sele. Deberá identificarse co seu DNI e conservar unha copia da solicitude.
O prazo remata o 26 de novembro, incluído. Dado que os prazos son moi axustados, recoméndase presentar a solicitude coa maior antelación posible.
A solicitude de voto por correo tamén poderá presentala, en nome da persoa electora, outra persoa debidamente autorizada, que deberá acreditar a súa identidade e representación.
Normativa: artigo 19 do Real decreto 1846/1994, do 9 de setembro.
Os enderezos das mesas coordinadoras aos que se deben enviar as solicitudes son os seguintes:
- A Coruña:
Mesa Coordinadora Provincial da Coruña
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 7.º, 15071 A Coruña - Lugo:
Mesa Coordinadora Provincial de Lugo
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Ronda da Muralla, núm. 70, 27071 Lugo - Ourense:
Mesa Coordinadora Provincial de Ourense
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Rúa Concello, núm. 11, 5.º, 32071 Ourense - Pontevedra:
Mesa Coordinadora Provincial de Pontevedra
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Avda. de María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra
2. Unha vez comprobado que a persoa figura no censo do centro, a mesa coordinadora enviaralle as papeletas, o sobre de votación e outro sobre de maiores dimensións ao enderezo indicado na solicitude.
3. A persoa electora deberá introducir a papeleta da candidatura pola que vota no sobre de votación e pechalo. A continuación, deberá introducir este sobre, xunto cunha fotocopia do seu DNI, no sobre de maiores dimensións e enviar este último por correo certificado á mesa electoral parcial na que lle corresponde votar.
4. Os sobres de voto por correo recibidos na mesa electoral parcial serán gardados e custodiados pola persoa que exerza a secretaría da mesa ata o 3 de decembro, día da votación. Se o voto se recibe unha vez rematada a votación, non se computará e deberá ser incinerado.
5. Se a persoa que emitiu o voto por correo está presente o día da votación e decide votar persoalmente, deberá comunicarllo á mesa correspondente. Unha vez emitido o voto presencial, a mesa devolveralle o voto enviado previamente por correo.
Se aínda así hai algo que non che queda claro respecto de como votar por correo, resolverémosche as dúbidas desde CCOO Ensino nos nosos locais ou a través dos distintos medios de contacto dispoñibles.
