Persoal Docente e Investigador da USC

Programa, accións e representantes

Principais propostas para o Persoal Docente e Investigador: 

O noso compromiso foi, é e será a defensa da universidade pública de calidade mediante a reivindicación do polinomio: financiamento público adecuado,
mellora das condicións laborais e desenvolvemento de carreira
profesional para o PDI, equidade no acceso ao ensino superior en todos
os seus niveis e rendición de contas á sociedade

Moitos recortes seguen vixentes e supuxeron para o persoal das universidades,
precarización, cambios e diminución dos salarios, redución progresiva do persoal
PDI, proliferaron os substitutos en PDI ou persoal con dedicación a tempo parcial.
CCOO ten no seu ADN como compromiso ineludible a defensa dunha
Universidade pública de calidade, e para elo reivindicaremos:

  • Plans de Igualdade e Conciliación reais
  • Novo Convenio Colectivo do PDI laboral
  • Recuperación da paga extra completa
  • Estabilización do PDI de RRHH no 15 %
  • Melloras económicas estatais
  • A renovación da plantilla
  • Axilizar todos os procesos de promoción
  • Os cartos retraidos pola Xunta
  • Mais prazas para Áreas deficitarias
  • Complementos autonómicos para tod@s
  • A aplicación da Directiva Europea 1999/70
  • Unha loita institucional contra o acoso laboral
  • Trienios para todo o PDI e persoal de RRHH
  • Os procesos de integración de PDI
  • Unha Mesa Autonómica de negociación
  • Un Plan Plurianual 2026
  • Melloras nas estratexias de seguridade e saúde laboral
  • Os quinquenios para contratos predoutorais
  • Promover un Convenio Colectivo para o Capítulo VI
  • Que todo o profesorado doutor teñan o mesmo nível nos quinquenos e
    sexenios
  • O dereito de sexenios e quinquenios para todo o Profesorado
  • Desenvolvemento dun decreto para os complementos docentes nas
    pagas extras
  • Melloras no Decreto de Investigadores en formación
  • Melloras económicas para todo o persoal de RRHH

Ver o programa específico de Persoal Docente e Investigador

Comisións Obreiras informa

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía