Logo Sección Sindical de CCOO na USC

Iconos á dereita do logo da sección sindical

PAS Laboral da USC

Programa, accións e representantes

Por unhas condicións de traballo mellores, Plan Plurianual:

Para este novo mandato xa temos deseñado, e mesmo comunicado a todo o persoal, unha estratexia, un Plan plurianual para o PAS do que xa reclamamos a súa negociación ao actual equipo de goberno nada máis tomar posesión.
Este Plan plurianual supón retomar as nosas demandas de mellora que non chegaron a facerse efectivas no anterior mandato; pero que deberán concretarse agora obrigando ao novo equipo de goberno a facer fronte aos seus compromisos electorais co persoal.

Eixos do Plan Plurianual:

  • Estabilización de prazas de interinos
  • Desenvolvemento carreira profesional para o PAS
  • Plan de promocións para laborais e funcionarios
  • Reordenación de prazas e categorías
  • Convenio Colectivo para persoal de Proxectos
  • Completar a equiparación salarial e posta en marcha da Mesa sectorial no ámbito do Sistema Universitario Galego (SUG)

Principais propostas para o PAS Laboral:

As nosas propostas con respecto ao persoal laboral céntranse na defensa do dereito do colectivo á carreira profesional tanto a través de promocións internas, novas dotacións e recualificacións como co desenvolvemento da carreira profesional horizontal que nos permita promocionar sen cambiar de posto de traballo.
Ademais, defenderemos a corrección dos agravios comparativos que existen con respecto ao persoal doutras universidades galegas e defenderemos a aplicación das partidas de mellora tanto para dotación de novos postos singularizados como para mellorar as condicións salariais do noso colectivo.

  • Unificación de categorías conserxería coa conseguinte actualización das funcións a desenvolver
  • Plan de promocións do grupo IV
  • Reordenación grupo III: Plan de promocións area informática, investigación e resto do grupo III
  • Novos postos singularizados e revisión dos actuais
  • Mellora salarial dos pluses referidos á xornada
  • Completar a Equiparación salarial SUG
  • Desenvolver a carreira profesional establecida no EBEP e na Lei de emprego público de Galicia (ao igual que se está a facer noutras administracións)
  • Acordo de xubilación parcial ata 2027 adaptado á nova normativa da Seguridade Social e Recuperación achegas ao Fondo de Pensións
  • Regulación do acceso a funcións de categoría superior
  • Outras actuacións (promocións, novas dotacións, recualificacións, etc)

Principais propostas para o PAS Interino:

Este colectivo precario que actualmente é do 25% da RPT ten que ter unhas convocatorias axeitadas de estabilización, acordes ás funcións que veñen desempeñando e co recoñecemento máximo dos seus méritos por antigüidade. Debemos facer realidade as Convocatorias de Estabilización de Interinos na USC para cumprir as leis actuais (por debaixo do 7%).
É moi importante para CC.OO. que non se perda esta nova oportunidade de consolidación como xa pasou en 2007, xa que facilitará avanzar outros temas.

  • Valoración da experiencia: Fase de concurso do 40% do total da nota da oposición
  • Temarios: Precisos e adecuados ás tarefas a desenvolver
  • Formación: Accións formativas que desenvolvan os temarios
  • Exames: Probas precisas e adecuadas ás tarefas a desenvolver
  • Prazas das OPEs pendentes de convocatoria: Mesmo tratamento que Convocatorias de Estabilización

Ver o programa específico de persoal laboral – Santiago
Ver o programa específico de persoal laboral – Lugo

Comisións Obreiras informa

Páxinas de interese