Cadro resumo de retribucións 2025
Consulta o cadro resumo que contén as retribucións mensuais detalladas; descontos de pasivos, MUFACE e cota obreira; trienios e sexenios; cargos directivos, e complementos.
As novidades para 2025 son un 10 % de suba en sexenios e complemento de titoría e 20 euros de suba nos complementos polo desempeño de órganos unipersoais de goberno (equipos directivos e outros). Estas subas proveñen da sinatura de CCOO do “Acordo de medidas de mellora” en outubro de 2023 coa Xunta de Galicia.
Tamén inclúe o 2,5 % de 2024, correspondente á suba variable e xa aprobada do exercicio 2024. Este novo incremento vén derivado da sinatura de CCOO, co Goberno de España en 2022, do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI.
Máis contas e menos contos
Por desgraza, debemos continuar coa serie de aclaracións sobre as desinformacións intencionadas que se están publicando sobre o Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes. Pero como di o refrán… Quen cala, outorga!
Nesta ocasión toca explicar cales son as cantidades das melloras retributivas e como se reparten entre o profesorado en función das súas características.
SUBAS SALARIAIS POR CORPO DOCENTE
Calculadora de retencións do IRPF
Calculadora de IRPF da Axencia Tributaria para simular a túa situación persoal e coñecer a retención mínima que deben aplicarche.
Acordos sobre retribucións asinados por CCOO
- Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes (2023)
- Acordo marco para unha administración do século XXI (2022)
- Acordo para a mellora do emprego público e as condicións de traballo (2018-2020)
- Acordo de homologación retributiva do 18 de xullo de 2018
