PROFESORADO DE RELIXIÓNS:
Como se fai a renovación por parte da confesión relixiosa?
A renovación da proposta da autoridade eclesiástica é automática.
A proposta para a docencia que lles corresponde ás entidades relixiosas considerarase renovada automaticamente, sen necesidade de formalizala por escrito.
As distintas confesións relixiosas manifestaranlles ás delegacións provinciais as posibles modificacións que poidan producirse. No caso de revogación da proposta por parte da confesión relixiosa, esta deberá realizarse de forma expresa, deberá ser axustada a dereito e terá que notificarse por escrito á persoa interesada e á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Así mesmo, serán informados os órganos de representación dos traballadores.
Normativa
- REAL DECRETO 696/2007, do 1 de xuño, polo que se regula a relación laboral dos profesores de relixión prevista na disposición adicional terceira da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE 09/06/2007)
- Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a relación laboral do profesorado de relixión e se ditan instrucións relativas á provisión de postos (DOG 24/07/2007)