Relación laboral

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na súa disposición adicional terceira, establece que o profesorado que, non pertencendo aos corpos de funcionarios docentes, imparta a ensinanza das relixións nos centros públicos farao en réxime de contratación laboral, coas respectivas Administracións competentes de conformidade co Estatuto dos traballadores.

Neste real decreto establécese que os profesores de Relixións non pertencentes aos corpos de funcionarios docentes que, á entrada en vigor do real decreto, estivesen contratados pasarán automaticamente a ter unha relación laboral por tempo indefinido, agás os que tiveran un contrato para substituír o titular da relación laboral.

Normativa