Desenvolvemento doutras funcións

A diferenza entre o horario fixo de permanencia e as horas/sesións que cada profesor ou profesora teña como lectivas dedicaranse, preferentemente, de acordo coa autonomía e organización do propio centro, a gardas, a titorías de pais e nais e a outras actividades:

  • Dinamización das novas tecnoloxías da información e comunicación.
  • Dinamización de biblioteca.
  • Dinamización de convivencia escolar.
  • Dinamización da mellora da calidade educativa.
  • Dinamización de programas internacionais.