Retribucións (Profesorado)

Resolución de 22 de xaneiro de 2026, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se publica o Acordo Marco pola mellora do emprego público e o servizo á cidadanía

Comentario:
Acordo que recolle un incremento de ata o 11,44 % nas retribucións a empregados/as públicos/as entre 2025 e 2028.

ORDE do 17 de xaneiro de 2025 pola que se ditan as instrucións sobre a
confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica
para o ano 2025

ORDE do 19 de xaneiro de 2024 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024

Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

Comentario:
Acordo sindical que establece un máximo de 23 horas lectivas en infantil e primaria e que recolle un incremento en sexenios e complemento de acción titorial, así como outros complementos singulares.

ORDE do 19 de xaneiro de 2023 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2023.

Resolución de 14 de novembro de 2022, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se publica o Acordo Marco para unha Administración do século XXI

Comentario:
Acordo que recolle un incremento de ata o 9,8 % nas retribucións dos empregados/as públicos/as entre 2022 e 2024.

Acordo acadado o 18 de xullo de 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais CC.OO. e FeSP-UGT sobre as retribucións do persoal docente.

Comentario:
Acordo que recollía un incremento de 90 euros ao mes a profesorado galego entre 2019 e 2021.

Resolución de 22 de marzo de 2018, de la Secretaría de Estado de Función Pública, por la que se publica el II Acuerdo Gobierno-Sindicatos para la mejora del empleo público y las condiciones de trabajo.

Comentario:
Acordo que recollía unha suba entre 2018 e 2020 entre 6,12 % e 7,97 % posibilitando tamén incorporar fondos adicionais que se concretaron no Acordo de Homologación Salarial do 2018. Acordo que posibilitou o cobro do 100 % do salario tras baixa médica.

Resolución do 2 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO., CSIF e UGT para a extensión do dereito a percibir o concepto retributivo adicional do artigo 12.3 da Lei 14/2006 na parte proporcional á prestación de servizo do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2013.

Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.
Na práctica serviu para reducir os conceptos básicos (salarios e trienios) nas pagas extraordinarias.